celta-huesca-balaidos-liga-011218-i.jpg
Primeiro Equipo

O RC Celta imponse ante a SD Huesca cun gran Iago Aspas (2-0)

RC Celta

O RC Celta reencontrouse co triunfo baixo a calor da súa afección no ABANCA Balaídos. O equipo de Miguel Cardoso impúxose ante a SD Huesca grazas a dous goles de Iago Aspas.

Foi un primeiro tempo marcado pola igualdade entre ambos equipos. Sofiane Boufal tivo as dúas primeiras ocasións locais, aínda que os seus disparos saíron desviados. Co paso dos minutos o RC Celta fíxose co control do partido e unha excelente combinación ao fío do descanso entre os canteiráns Brais Méndez, Hugo Mallo e Iago Aspas terminou en gol do dianteiro de Moaña.

A segunda metade comezou cos celestes como dominadores do balón. Súas foron as principais accións de perigo. Brais Méndez dispuxo dunha excelente ocasión no minuto 69 que abortou o porteiro visitante. Foi de novo Iago Aspas o que anotou o segundo e definitivo gol do RC Celta no tramo final tras unha brillante acción individual.

FICHA TÉCNICA

2-RC CELTA: Rubén Blanco, Hugo Mallo, David Costas, Araujo, Juncà, Jozabed, Okay, Brais Méndez (Fran Beltrán, min.75), Boufal (Hjulsager, min.62), Iago Aspas (Emre Mor, min.87) e Maxi Gómez.

0-SD HUESCA: Jovanovic, Miramón, Etxeita, Pulido, Akapo, Musto (Aguilera, min.46), Rivera, Moi Gómez, Álex Gallar (Serdar, min.46), Ferreiro (Chimy Ávila, min.61) e Cucho.

Goles: Iago Aspas (1-0, min.38); Iago Aspas (2-0, min.76).

Árbitro: Cordero Vega, do comité cántabro. Amonestou a Boufal e Rubén Blanco (RC Celta), Cucho, Musto e Etxeita (SD Huesca).

Campo: ABANCA Balaídos (13.463 espectadores).

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas