pruebas-fisicas-madroa-dennis-suarez-david-costas-ruben-blanco-celta-vigo-060719.jpg
Primeiro Equipo

O RC Celta inicia a pretempada este luns con 26 xogadores

RC Celta

O RC Celta regresa ao traballo este luns coa vista posta na ilusionante tempada 2019/2020. O equipo exercitarase durante toda a semana en A Madroa antes de pór rumbo o vindeiro domingo á concentración en A Toxa. En total serán 26 futbolistas os que se adestren ás ordes de Fran Escribá e o resto do corpo técnico.

Primeiro equipo: Rubén, Sergio, Iván Villar, Hugo Mallo, Kevin, Roncaglia, David Costas, Juncà, Olaza, Fran Beltrán, Jozabed, Pione Sisto, Juan Hernández, Beauvue, Denis Suárez, Gabriel Fernández e Brais Méndez.

Filial: Ros, Sergio Carreira, Fontán, Pampín, Dani Molina, Iker Losada, Solís, Bermejo e Lautaro.

O resto de xogadores do primeiro equipo, excepto Maxi Gómez e Néstor Araujo, incorporaranse á pretemporada o 14 de xullo.

[table responsive=”yes”]

Luns 09:00 | A Madroa | Porta aberta
Martes 09:00 e 18:30 | A Madroa | Porta pechada
Mércores 09:00 | A Madroa | Porta pechada
Xoves 09:00 | A Madroa | Porta pechada
Venres 09:00 e 18:30 | A Madroa | Porta pechada
Sábado 09:00 | A Madroa | Porta pechada
Domingo 19:30 | Traslado a A Toxa

[/table]

 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas