O RC Celta regresa ao traballo o vindeiro mércores a partir das 18.00 horas despois de tres semanas de vacacións. Os xogadores celestes poranse ás ordes do adestrador Óscar García coa vista posta xa na tempada 2020/2021. O equipo exercitarase sobre o céspede da Madroa cumprindo escrupulosamente os protocolos de seguridade marcados por LaLiga e as autoridades sanitarias. En total serán 30 futbolistas os que se adestren desde o vindeiro mércores na cidade deportiva.
Primeiro equipo: Rubén, Sergio, Iván Villar, Hugo Mallo, Kevin, Aidoo, Araújo, Sáenz, Juncà, Olaza, Fran Beltrán, Okay, Tapia, Denis Suárez, Pione Sisto, Juan Hernández, Vadillo, Brais Méndez, Santi Mina, Iago Aspas e Nolito.
RC Celta B: Raúl García, Iago Domínguez, Diego Pampín, José Fontán, Alberto Solís, Gabri Veiga, Iker Losada, Miguel Rodríguez e Lautaro de León.