O RC Celta comezou este mércores os adestramentos sobre o céspede de A Madroa para preparar a esixente tempada 20/21. Os xogadores dividíronse en grupos de seis atendendo aos protocolos marcados por LaLiga e mesturaron carga física con traballo con balón. Nesta primeira sesión xa estivo sobre o terreo de xogo o novo preparador físico Quique Sanz.