fran-escriba-renovacion-celta-vigo-220519.jpg
Primeiro Equipo

O RC Celta mantén a súa ‘FE’ no corpo técnico: Fran Escribá renova dúas tempadas

RC Celta

A temperanza, tranquilidade, coñecementos, proposta e experiencia de Fran Escribá terán continuidade no RC Celta. O técnico valenciano dirixirá ao equipo vigués as dúas próximas tempadas avalado polas mencionadas calidades e uns números máis que convincentes no tramo final da pasada tempada, no que logrou liquidar unha complicada situación para selar a permanencia. Á súa chegada, tras 26 xornadas, o RC Celta sumaba 25 puntos e estaba en postos de descenso. Doce partidos despois os celestes acumularon 41 puntos, catro por encima da fronteira de Segunda.

Fran Escribá e o seu corpo técnico selaron esta tarde na Sede a súa continuidade no conxunto celeste, que desta maneira inicia o seu novo proxecto para a campaña 2019/2020.

No corpo técnico manteranse David Generelo, Miguel Villagrasa e David Martínez, ademais de Borja Oubiña e Mario Bermejo, quen compaxinarán esta tarefa co seu labor na secretaría técnica e para iso alternaranse nas funcións de axudantes do técnico valenciano. Ademáis, sumase como axudante de Fran Escribá Carlos Hugo García, ata a data director da canteira celeste, quen tamén será o responsable da formación dos adestradores e a metodoloxía das categorías inferiores do club.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas