RC Celta e Sevilla empataron este venres (1-1) nun disputado encontro no que os goles chegaron no tramo final. Denis Suárez estreouse como goleador esta tempada para igualar o partido no minuto 84.
Os primeiros compases do partido foron dominados polo equipo local, que acumulou chegadas á área celeste. Co paso dos minutos, os de Fran Escribá sentíronse máis cómodos sobre o terreo de xogo e igualaron a posesión de balón.
No segundo tempo o RC Celta mellorou o seu nivel e igualou a contenda. Foi no tramo final cando Franco Vázquez adiantou aos sevillistas cun certeiro cabezazo. Apenas dous minutos despois, Denis Suárez empatou o encontro tras unha sensacional xogada debuxada por Lobotka e Santi Mina.
FICHA TÉCNICA
1- Sevilla: Vaclík, Jesús Navas, Diego Carlos, Carriço, Reguilón, Fernando, Banega, Jordán (Franco, min 70), Nolito (Rony Lopes, min 78), Munir (Bryan, min 54), De Jong.
1- RC Celta: Rubén; Kevin (Hugo Mallo, min 64), Aidoo, Araujo (Costas, min 75), Olaza; Brais, Lobotka, Beltrán, Denis Suárez; Aspas, Gabriel Fernández (Santi Mina, min 53)
Goles: 1-0 Franco, min 80; 1-1 Denis, min 84
Árbitro: Carlos del Cerro Grande, do comité madrileño. Amoestou a Munir, Diego Carlos, Fernando (Sevilla) e Kevin, Brais (RC Celta)
Campo: Sánchez Pizjuán