santi mina celta elche hztal 120221
Primeiro Equipo

O RC Celta non entende de cansazo e asina unha gran vitoria ante o Elche (3-1)

RC Celta

O RC Celta impúxose con claridade ao Elche (3-1) nun partido dominado de principio a fin e no que Santi Mina por partida dobre e Brais Méndez puxeron os goles. O equipo de Eduardo Coudet impúlsase na clasificación con este triunfo.

A primeira metade estivo marcada pola intensidade de ambos os equipos, que luciron unha presión asfixiante. Aos poucos os xogadores celestes fixéronse co control do balón e súas foron as chegadas máis perigosas. Dúas asistencias xeniais de Nolito ao bordo do descanso permitiron a Santi Mina e Brais Méndez anotar os dous primeiros goles do encontro.

O segundo tempo comezou cun gol do Elxe que non cambiou a dinámica do partido xa que o RC Celta seguiu sendo superior. Un gran centro de Augusto foi rematado á rede por Santi Mina no que foi a sentenza do encontro a vinte minutos do final.

 

FICHA TÉCNICA

3 – RC Celta: Rubén Blanco, Hugo Mallo, Araújo, Murillo, Aarón, Tapia, Denis Suárez (Baeza, min 86), Brais Méndez (Beltrán, min 76), Nolito (Solari, min 63), Aspas (Aidoo, min 86) y Santi Mina (Ferreyra, min 76)

1 – Elche: Badía, Cifu, Verdú, Diego (Calvo, min 46), Mojica (Tete, min 31), Marcone, Guti, Josan (Josema, min 27), Rigoni, Carrillo (Milla, min 85), Boyé

Goles: 1-0 Santi Mina, min 44; 2-0 Brais Méndez, min 45; 2-1 Rigoni, min 50; 3-1 Santi Mina, min 68

Árbitro: De Burgos Bengoetxea (Vasco). Amoestou a Brais, Ferreyra, Iago, (RC Celta) e a Rigoni, Verdú (Elche)

Campo: Abanca Balaídos

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas