sofiane-boufal-celta-vigo-betis-abanca-balaidos-liga-2018-2019.jpg
Primeiro Equipo

O RC Celta non pode co Betis (0-1)

RC Celta

O RC Celta perdeu este domingo en ABANCA Balaídos (0-1) despois dun gol de Jesé nos últimos compases do partido. O cadro de Fran Escribá gozou de ocasións durante todo o encontro pero non conseguiu bater a meta visitante.

A primeira metade estivo marcada pola igualdade. O Real Betis fíxose coa posesión de balón e o RC Celta permaneceu ben colocado sobre o terreo de xogo. O equipo de Fran Escribá aumentou a súa presión co paso dos minutos e chegou ao descanso con boas sensacións.

Os andaluces saíron mellor no segundo período e gozaron de dúas ocasións de perigo grazas a sendas chegadas de Tello. Os cambios activaron ao conxunto celeste, que tamén dispuxo de chegadas para poder abrir o marcador. Finalmente Jesé adiantou ao Real Betis no tramo final tras aproveitar un rexeite de Rubén.

FICHA TÉCNICA

0 – RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Costas, Araújo, Juncà, Lobotka, Okay (Jensen, min 88), Boufal (Apeh, min 84), Boudebouz (Pione Sisto, min 62), Brais e Maxi Gómez

1 – Real Betis: Pau López, Joaquín (Emerson, min 91), Mandi, Bartra, Sidnei, Francis (Tello, min 52), William, Guardado, Canales, Lo Celso (Javi García, min 89) e Jesé

Goles: 0-1 Jese, min 80

Árbitro: Estrada Fernández, do comité catalán. Amonestou a Okay, Maxi e Hugo Mallo (RC Celta)

Campo: ABANCA Balaídos (18.005 espectadores)

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas