Primeiro Equipo

O RC Celta paga a inferioridade numérica ante o Granada (0-2)

RC Celta

O RC Celta perdeu este domingo ante o Granada (0-2) nun partido marcado polas dúas expulsións que sufriron os xogadores celestes na primeira media hora. O equipo andaluz adiantouse no marcador pouco antes do descanso e ampliou a súa renda no segundo tempo.

A primeira metade estivo condicionada polos cartóns vermellos a Sáenz e Beltrán. A primeira delas por unha acción similar a outras que se saldaron con amarela noutros encontros e a segunda por un choque nun balón dividido. O equipo de Fran Escribá non se engurrou e tentou crear ocasións.

Xa por detrás no marcador, os celestes tiraron de orgullo e bo fútbol tras a continuación e crearon problemas a un Granada que estaba cómodo sobre o terreo de xogo.

FICHA TÉCNICA

0- RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Aidoo, Sáenz, Olaza, Beltrán, Lobotka, Brais Méndez (Araujo, min 15), Denis Suárez (Sisto, min 77), Iago Aspas, Santi Mina (Pape, min 59).

2 – Granada: Rui Silva, Víctor Díaz, Germán, Domingos Duarte, Quini, Yangel Herrera, Montoro, Puertas, Vico (Carlos, min 45), Machís (Azeez, min 88), Soldado (Vadillo, min 66).

Goles: 0-1 Germán, min 50; 0-2 Herrera, min 56.

Árbitro: Eduardo Prieto Igrexas, do comité navarro. Amoestou a Sáenz (vermella directa), Beltrán (vermella directa), Denis, Santi Mina, Hugo Mallo, Araujo (RC Celta) e a Germán e Víctor Díaz (Granada).

Campo: Abanca Balaídos (18.259 espectadores).

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas