CUADRADO WEB
Primeiro Equipo

O RC Celta pasa a dezaseisavos de Copa en Gernika (0-3)

RC Celta

O RC Celta pasa á seguinte rolda da Copa do Rey #ante o SD Gernika vasco nunha vitoria folgada para o conxunto vigués. (0-3)

Carles Pérez sería quen inauguraba o marcador ben avanzada a primeira parte despois dun arranque máis igualado, cun canonazo que se coaría na meta local. Cun gol de vantaxe chegaríase ao descanso, mentres que no segundo tempo os tantos de Aidoo e a estrea goleadora co Celta de Luca da Torre aseguraría a vitoria por 0-3.

Asegurámonos o pase á seguinte rolda de dezaseisavos da Copa do Rey na que viaxaremos o día 3 de xaneiro a Barcelona para enfrontarnos ao Espanyol.

FICHA TÉCNICA

0 – SD GERNIKA: Altamira; Carlos (Iriondo 84′), Jon Vega, Arberas, Koldo, Agirrezabala; Carpio (Ortega 63′), Salgado, Gorka Marcos (Aguirre 63′); Ibai Sanz (Juwara 76′), Gallastegi (Giovanni 63′)

3 – RC CELTA: Iván Villar; Mingueza (Swedberg 76′), Aidoo, Núñez, Galán; Carles Pérez (Mallo 74′), Veiga, Beltrán (Óscar 74′), Cervi (De la Torre 56′); Strand Larsen, Paciencia (Aspas 56′)

Goles: Carles (Min. 31′), Aidoo (Min. 55′), Luca da Torre (Min. 67′)

Árbitro: Ortiz Arias, do colexio madrileño . Amoestou a Gorka Marcos (Min. 30′) polo Gernika e amoestou a Carles (Min. 21′) e a Fran Beltrán (Min. 60′) polo Celta.

Campo: Estadio Urbieta.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas