Primeiro Equipo

O RC Celta perfecciona o seu ataque cos goles e a calidade de Ryad Boudebouz

RC Celta

O ataque do RC Celta recibe un aluvión de calidade coa incorporación do talentoso mediapunta Ryad Boudebouz. O xogador alxerino chega a Vigo cedido con opción de compra polo Real Betis Balompié, club no que militou durante a última tempada e media.

Ryad Boudebouz (Colmar, 19 de febreiro de 1990) é un polivalente centrocampista ofensivo, internacional con Alxeria e que suma máis de 300 partidos na Lígue 1 francesa. Destacou especialmente nas filas do Montpellier, onde finalizou a tempada 2016/2017 con once goles e nove asistencias.

Ademais de pola súa calidade individual, Boudebouz destaca polo seu desequilibrio no un contra un, a súa gran visión de xogo e o seu bo golpeo de balón coa zurda, calidades que lle permiten ser un especialista nas xogadas a balón parado.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas