ESCUDO-1300x400-02
Novas primeiro equipo

O RC Celta progresa, pero cae pola mínima en Braga

RC Celta

Foi un RC Celta de intencións, boas, e esbozos, prometedores, máis que de realidades. A carga de traballo da pretempada resta velocidade  e precisión, provoca desaxustes nas axudas e desdibuxa as propostas, pero viuse un RC Celta recoñecible, ambicioso e con personalidade.  O SC Braga, conxunto con maior desenvolvemento físico, superou aos celestes por dous goles a un nun encontro igualado, intenso e de gran valor para a preparación do conxunto de Chacho Coudet. Debutou Unai Núñez e estreáronse en pretempada Cervi e Aidoo. Iago Aspas, foi o goleador do conxunto vigués.

Na primeira metade, o cadro local, equipo rochoso, contundente e máis rodado, probou a Iván Villar en diversas ocasións con disparos afastados ben liquidados polo canteirán e xerou perigo cando xurdían espazos nos costados. O cadro de Artur Jorge acertou a marcar aos 22 minutos tras un desafortunado rexeite que permitiu a Banza empuxar o coiro á rede. O RC Celta, recoñecible por fases e propostas, dispuxo tamén de dúas claras ocasións na área do SC Braga. Baeza topouse co porteiro a escasos metros da liña de gol e Hugo Mallo rematou alto un envío de Javi Galán.

Na segunda metade, marcou o máis listo da clase, o seu terceiro gol nesta pretempada, o terceiro do RC Celta. Cabezazo de Aidoo á saída e un córner e Iago Aspas adiántase a todos para aproveitar o rexeite do porteiro. Despois chegaron multitude de cambios,  máis frescura, melloría e dominio celeste e un man a man de Kevin, a xenial pase de Iago, que acabou no lateral da rede, O cadro local levou o triunfo nunha xogada illada, unha xenialidade de Rodrigo Gomes a falta de cinco minutos. E aínda puido empatar o conxunto celeste, pero a madeira desbaratou o remate de Swedberg,

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo

Noticias recomendadas