O RC Celta quedou eliminado da Copa de SM o Rei ante o CD Mirandés tras recibir un gol na segunda parte da prórroga. Os xogadores celestes tiveron ocasións para levar a eliminatoria pero o equipo local tivo máis efectividade na área.
A primeira metade estivo marcada pola igualdade. Ambos equipos tentaron adaptarse ao mal estado do terreo de xogo e as ocasións estiveron repartidas. Foi ao fío da media hora de partido cando Matheus adiantou aos locais desde o punto de penalti tras unha man involuntaria de Brais Méndez.
O segundo tempo foi de clara cor celeste. Os de Óscar García fixéronse co control do balón e lanzáronse cara á portaría contraria. Foi Pione Sisto o que puxo o empate no marcador cun sensacional disparo que se coou pola escuadra de Limones.
Na prórroga, o Mirandés levou a eliminatoria cun gol tras xogada colectiva. O equipo celeste gozou de ocasións para forzar os penaltis que non puido transformar.
FICHA TÉCNICA
2 – CD Mirandés: Limones, Kijera, Odei, Álvaro Peña (Antonio, min 100), Matheus (Marcos André, min 69), Merquelanz, Malsa (Carlos, min 87), Íñigo (Rey, min 60), González, Guridi, Franquesa
1- RC Celta: Sergio; Kevin, Aidoo, Araújo, Fontán (Olaza, min 105), Sáenz, Pape Cheikh (Aspas, min 66), Denis, Brais Méndez (Rafinha, min 73), Juan Hernández (Sisto, min 55), Gabriel Fernández
Goles: 1-0 Matheus, min 28; 1-1 Sisto, min 75; 2-1 Antonio, min 113
Árbitro: Juan Martínez Munuera (Alacante). Amoestou a Kijera, Íñigo Vicente, Merquelanz (CD Mirandés) e a Brais, Sáenz, Fontán (RC Celta)
Campo: Anduva