20240131_WEB_TadeoAllende
Novas primeiro equipo

O RC Celta reforza o seu ataque coa chegada do arxentino Tadeo Allende

RC Celta

O RC Celta xa dispón da súa terceira fichaxe do mercado invernal: Tadeo Allende. O arxentino (Mina Clavero, Provincia de Córdoba; 20 de febreiro de 1999) chega ao club vigués procedente do Godoy Cruz, onde causou sensación polo seu gran rendemento en varias posicións de ataque. O novo futbolista vestirá a camiseta celeste ata o 30 de xuño de 2027.

Allende formouse no Instituto AC Córdoba, desde onde pasou a xogar nas filas do CD Godoy Cruz cun desempeño extraordinario: na súa última tempada anotou un total de 10 goles e deu 4 asistencias en 38 partidos.

O mito arxentino Carlos Tevez, actual adestrador de Independente, incluíu a Allende entre os tres mellores xogadores do fútbol arxentino nunhas declaracións realizadas recentemente a un medio do país suramericano. Sobre o atacante marcou que “fai unha gran diferenza”.

A chegada do arxentino, que pode xogar en varias posicións de ataque, cumpre o obxectivo do RC Celta de fortalecer ao equipo cun xogador que achegará mocidade, calidade, velocidade, gol e unhas grandes condicións físicas.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas