FICHAJE_MARCOS_16-9
Primeiro Equipo

O RC Celta refórzase coa polivalencia e a xerarquía do lateral, Marcos Alonso

RC Celta

Marcos Alonso convértese no novo integrante da zaga do RC Celta. O madrileño, que chega libre tras o seu paso polo FC Barcelona, firma por unha tempada máis outra opcional.

O lateral internacional de 33 anos, todo un reforzo de luxo para a defensa celeste, comezou a súa traxectoria no fútbol nas categorías inferiores do Atlético de Madrid para despois pasar a formar parte da canteira do Real Madrid, onde chegou a debutar co primeiro equipo ante o Racing de Santander. Marcos Alonso é un xogador polivalente, cunha ampla traxectoria deportiva en diferentes competicións europeas. Con tan só 19 anos marchouse á Premier League onde xogou no Bolton Wanderers. Tras tres tempadas, asinou pola Fiorentina demostrando un grandísimo nivel que levantou o interese do Chelsea, equipo que o levaría de volta a Inglaterra no ano 2016. Finalmente, no 2022 recalou no FC Barcelona onde chegou a ser unha peza clave para o conxunto de Xavi Hernández.

Por outra banda, debutou coa selección española Sub-19 no ano 2009 disputando un total de 3 encontros. Mentres, en marzo de 2018, estreábase coa selección absoluta nun amigable ante Arxentina. Co combinado español, xogou un total de 9 partidos nos que deu 2 asistencias, chegando a disputar a final da UEFA Nations League en outubro de 2021.

Coa chegada de Marcos Alonso, o RC Celta incorpora ás súas filas a experiencia, seguridade e liderado dun xogador cunha ampla visión de xogo para blindar a defensa celeste. Un perfil co que o conxunto se fortalece de fronte a tempada 24/25 de Laliga EA Sports para aumentar a súa competitividade e rendemento.

Benvido, Marcos!

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas