Un solitario tanto do CD Tenerife na segunda parte, obra de Malbasic, decantou o amigable contra o RC Celta en Melgaço a favor do conxunto tinerfeño. Fran Escribá iniciou o partido aliñando a algúns dos menos habituais nesta pretemporada, incluídos os canteiráns Carreira, Bermejo, Losada e Lauti. Nun choque carente de grandes ocasións, o Tenerife protagonizou as xogadas de maior perigo. Escribá moveu o banco tras o gol canario, pero o marcador mantívose co 0-1 até o asubío final.
O partido deixo malas noticias máis aló do resultado. Juncà sufriu unha lesión no ombreiro e Santi Mina no nocello dereito, doenzas que este mércores serán analizadas polo corpo médico celeste a fin de determinar o alcance das mesmas.
XI CELTA: Rubén, Carreira, Araujo, Aidoo, Juncà, Beltrán, Jozabed, Bermejo, Losada, Sisto, Lauti. Tamén xogaron: Iván Villar, Costas, Sáenz, Dani Molina, Denis Suárez, Kevin, Brais Méndez, Santi Mina, Lobotka.