ESCUDO-1300x400-01
Primeiro Equipo

O RC Celta supera con nota o primeiro test copeiro (0-5)

RC Celta

Tardou en carburar pero, cando o fixo, o equipo de Coudet gozou. Goleada na Romareda para superar con nota a primeira proba da Copa do Rei 21/22. O partido arrincou cun Ebro aguerrido e valente ante un RC Celta que non terminaba de sentirse cómodo. A situación pareceu agravarse coa lesión muscular de Galhardo nada máis comezar o partido, pero a entrada de Santi Mina no seu lugar fixo espertar aos celestes.

O dianteiro galego abriu o marcador a pase de Cervi no minuto 23, tan só oito minutos despois de acceder ao terreo de xogo. O tanto foi liberador para o conxunto celeste, que empezou a estirarse e dominar. Solari marabillou cun auténtico golazo, cheo de calidade, ao fío do descanso. Xa na segunda parte, Franco Cervi marcou un dobrete en apenas tres minutos (gran partido do arxentino). O canteirán José Fontán redondeou a vitoria no tempo de desconto co seu primeiro gol como xogador do primeiro equipo.

FICHA TÉCNICA

0 – CD EBRO: Rubén, Sarriegi, Meseguer, Adán, Ayoze, Nahuel, Abel Suárez, Quesada, Miguel Díaz, Chárlez, Altube.

5 – RC CELTA: Rubén Blanco, Hugo Mallo (Kevin, min.60), Murillo, Carlos Domínguez, Fontán, Tapia, Okay (Nolito, min.60), Baeza, Solari, Cervi (Gabri Veiga, min.60), Galhardo (Santi Mina, min.23; Brais Méndez, min.70).

Goles: Santi Mina (0-1, min. 32); Solari (0-2, min.43); Cervi (0-3, min.54); Cervi (0-4, min.57); Fontán (0-5, min.92).

Árbitro: Mateu Lahoz, do comité valenciano. Amonestou a Chárlez (CD Ebro).

Campo: La Romareda.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas