O RC Celta impúxose ao CD Lugo este mércores en ABANCA Balaídos (2-0) no segundo partido de pretemporada. O equipo de Óscar García foi de menos a máis durante o encontro e tras unha primeira parte igualada mostrou a súa superioridade no segundo tempo. Emre Mor adiantou ao equipo celeste tras unha gran combinación entre Nolito e Aspas e o propio Iago puxo o 2-0 definitivo desde o punto de penalti.