O equipo celeste xa coñece o que será un dos seus rivais na posta a punto para a próxima tempada. O RC Celta medirase ao Wolverhampton Wanderers FC o próximo 7 de agosto no Molineux Stadium ás 16h españolas.
Unha proba de toque de primeira orde para os de Eduardo Coudet apenas un mes despois do arranque de pretemporada o luns 5 de xullo e a unha semana do inicio de LaLiga 21/22.
O Wolves é un conxunto histórico de Inglaterra, gañador da Premier League en tres ocasiones, decimotercer clasificado a pasada tempada e con multitude de xogadores internacionais coas súas seleccións, polo que será unha proba de altísimo nivel para o noso equipo.
Ademais, o partido poderase seguir en directo a través das canles de comunicación do RC Celta.