Primeiro Equipo

O Real Club Celta pecha as renovacións de Mario Bermejo e Carlos Bellvís

RC Celta

BELLVIS2.jpg

Tanto o dianteiro como o lateral firmaron por unha temporada con outra opcional

 

O Real Club Celta pechou a renovación de dúas dos seus xogadores, o dianteiro Mario Bermejo e o lateral zurdo Carlos Bellvís, en ambos os casos por unha tempada con outra opcional. Os dous futbolistas celestes estarán, pois, ás ordes de Luís Enrique na campaña 2013/2014.

 

Carlos Bellvís disputo un total de 13 partidos en Liga, entre eles os dous útimos, definitivos para lograr ao pemanencia, ante Valladolid e Espanyol, nos que ofreceu un espléndido rendemento.

 

Mario Bermejo participou en 33 dos 38 partidos da competiciòn, nos que anotou cinco goles. O ariete cántabro atópase en plena fase de recuperación da grave lesión de xeonllo, rotura do ligamento cruzado anterior e do menisco externo, que sufriu no mes de maio nun encontro ante o Atlético de Madrid en Balaídos.

 

Mario Bermejo destaca que “estou moi satisfeito e moi contento porque a lesión foi un golpe duro na situación na que estaba, sen contrato en vigor, e a verdade é que estou moi contento e moi agradecido ao club por apostar polo meu e darme este voto de confianza ao renovar outro ano máis co equipo”.

 

O dianteiro celeste expresa tamén a súa satisfacción polo seu rendemento na recentemente concluída tempada: “Xoguei 33 partidos, con cinco goles en Liga e un en Copa, creo que son bos números tendo en conta que tiña xogadores por diante que apuntaban a titulares. Ao final estou moi satisfeito polos números, o rendemento e os goles e por iso penso que, cando me recupere, seguirei axudando ao equipo cun bo traballo”.

 

Sobre a evolución da súa lesión, indica que “a verdade é que vai moi ben, todo segundo o proceso marcado, sen ningún contratempo. O xeonllo non se inflama e agora que xa levo unha semana sen muletas ves realmente que todo vai ben”.

 

“Non teño ningunha molestia que me impida avanzar neste proceso e estou moi contento porque noto que cada día vou mellorando”, engade o ariete cántabro.

 

En canto ao novo técnico celeste, Luís Enrique, Mario Bermejo subliña que “como sabedes aquí coñecémonos todos e o que me dixeron é que é unha persoa moi traballadora, que se involucra moito e ten unha fame moi grande de mellorar, de facer as cousas ben”.

 

“É moi esixente cos xogadores, quere sacar o máximo rendemento de cada un e para iso temos que estar a lume de biqueira en cada adestramento, dalo todo e render ao mellor nivel”, precisa.

 

Carlos Bellvís comparte a alegría con Bermejo; “Estou moi feliz por chegar a este acordo, estou moi contento en Vigo e no Celta, onde me han ir ben as cousas desde que cheguei e por iso quería continuar. Repito que estou moi contento porque chegamos a un acordo”.

 

“Alégrame moito ademais lograr o obxectivo e seguir en Primeira e espero que esta nova tempada consolidémonos e suframos moito menos que a anterior”, indica o lateral celeste, quen apunta que “estou contento ademais coa chegada do novo adestrador. Todos partimos de cero e tentarei traballar como sempre para axudar ao equipo. Sei que é moi esixente e adestrarei ao máximo cada día para tratar de coller minutos”.

 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas