Primeiro Equipo

O Real Club Celta reforza a súa defensa coa chegada de Jon Aurtenetxe

RC Celta

Aurtenetxe_Firma.jpg

O futbolista xogará cedido esta tempada polo Athletic Club 

 

O Real Club Celta e o Athletic Club pecharon hoxe a cesión para a presente tempada do defensa vizcaíno Jon Aurtenetxe (Amorebieta, 3 de enero de 1992). O defensor incorporarse mañá aos adestramentos do conxunto celeste e será presentado unha vez concluida a sesión preparatoria na Madroa, que comezará ás 10.00 horas.

 

Aurtenetxe ingresou nas categorías inferiores do Athletic Club no ano 2002. No ano 2009 debutou co primeiro equipo nun partido da Europa League ante o Werder Bremen. Esa mesma campaña proclamouse campión da Copa do Rei xuvenil. O defensor debutou en Liga en 2010 e acumula 68 partidos en Primeira División, con cinco goles anotados, máis outros 13 encontros de Copa do Rei e 17 de UEFA.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas