O RC Celta xa coñece a un novo opoñente para a pretempada 2025/26. O conxunto dirixido por Claudio Giráldez medirase ao SC Braga, un dos clubs máis destacados do fútbol portugués e habitual nas competicións europeas. O encontro disputarase o sábado 19 de xullo no Estadio Municipal de Braga (horario aínda por confirmar).
O SC Braga, cuarto clasificado da liga de Portugal, acumula unha ampla traxectoria de éxitos no fútbol luso, sumando tres Copas de Portugal, outras tantas Copas de Liga e unha Copa da Federación Portuguesa de Fútbol. No plano internacional, competiu en tres ocasiones na UEFA Champions League e é un conxunto habitual da UEFA Europa League, consolidándose como un dos grandes embaixadores do fútbol luso.
O conxunto celeste desprazarase ata o país veciño para disputar un partido que será, á súa vez, un duelo entre adestradores españois tras a recente chegada de Carlos Vicens ao primeiro equipo portugués deixando atrás a súa exitosa etapa como asistente de Pep Guardiola no Manchester City.
Este amigable súmase ao xa anunciado ante os Wolves, completando aos poucos unha pretemporada que será moi esixente para o RC Celta co obxectivo de preparar da mellor maneira a próxima campaña.