ANNOUNCE_PARTIDOS_PRETEMPORADA_2024_16x9 copia
Primeiro Equipo

O SL Benfica marcará o inicio da pretemporada celeste

RC Celta

O RC Celta vai ultimando a que será a súa pretemporada de LALIGA EA SPORTS 2024/25. Os celestes viaxarán a Portugal para enfrontarse ao SL Benfica o próximo 13 de xullo ás 20h española. O encontro, que se disputará no Estadio Municipal de Águeda, poderá seguirse en directo a través da canle de Youtube do RC Celta.

Os de Claudio Giráldez mediranse a todo un histórico da máxima categoría do fútbol portugués que forma parte dos Tres Grandes, xunto ao Porto e ao Sporting de Lisboa, ao ser un dos tres únicos equipos que nunca descenderon de categoría.

O SL Benfica é o club máis laureado en competicións nacionais do país veciño. Obtivo o récord de alcanzar 37 campionatos de Liga e 26 Copas de Portugal, 7 Copas da liga, 8 Supercopas de Portugal e 3 Campionatos de Portugal. A nivel internacional, gañou dúas Copas de Europa de maneira consecutiva, en 1961 e 1962 e unha Copa Europea Latina en 1950. Ademais, foi subcampión da Copa de Europa en 1963, 1965, 1968, 1988 e 1990, e da Europa League en 1983, 2013 e 2014. Todo un palmarés polo que é coñecido como O Glorioso e que o sitúa como un dos mellores equipos a nivel europeo.

O primeiro equipo do RC Celta dará así o pistoletazo de saída á súa pretemporada cun encontro de máximo nivel, ante o conxunto dirixido por Roger Schmidt, co obxectivo de preparar da mellor maneira o próximo curso.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas