Oitavos Copa 16x9
Novas primeiro equipo

O Valencia CF, rival do RC Celta en octavos de Copa del Rey

RC Celta

Tras asegurar a súa clasificación á seguinte fase da Copa do Rey ao vencer ao SD Amorebieta, o RC Celta coñeceu esta tarde ao seu próximo rival nos oitavos de final: o Valencia CF. O sorteo celebrado na Cidade do Fútbol de Las Rozas ás 18:30 horas determinou que os galegos se enfrontarán aos valencianos nunha emocionante rolda, á que non chegaban desde 2018, programada entre o 16 e 17 de xaneiro de 2024 en Mestalla.

No apaixonante encontro disputado en Urritxe, os pupilos de Rafa Benítez lograron impoñerse ao Amorebieta cun marcador de 2-4, grazas ao dobrete de de Douvikas e os goles de Miguel Rodríguez e Jailson Marqués. Catro disparos certeiros que aseguraron a presenza do RC Celta en oitavos de final de Copa do Rey seis anos máis tarde.

Despois do triunfo en terras vascas, o destino ditaminou que os celestes emprendan rumbo ao Mediterráneo para enfrontarse ao Valencia CF. O cadro ché, que logrou o seu billete á seguinte fase ao vencer 1-2 ao FC Cartagena, demostrou en dezaseisavos un potencial impresionante e unha fortaleza innegable, o que augura un emocionante e rifado enfrontamento contra o RC Celta na batalla por alcanzar as semifinais do torneo copeiro.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas