ANNOUNCE_WHUvsCEL_16x9
Novas primeiro equipo

West Ham, primeiro rival confirmado da pretemporada celeste

RC Celta

O RC Celta xa coñece cal será un dos seus rivais nesta pretempada de LALIGA EA SPORT 2024/25, o equipo inglés, West Ham United.

O partido disputarase no London Stadium o próximo 10 de agosto ás 16:00h española. O club inglés xa puxo á venda as entradas que poderán adquirirse a través do seu portal.

A tan só dúas semanas para o inicio da pretempada, os celestes marcan no calendario un encontro de máximo nivel ante un dos equipos británicos que máis tempadas disputou na Premier League.

O West Ham foi campión da FA Cup en tres ocasiones: 1964, 1975 e 1980, ademais de alcanzar a final en dúas ocasións máis, en 1923 e 2006. A nivel internacional, gañou a Conference League en 2023 ante a Fiorentina e é un dos poucos equipos ingleses en alzarse coa Recopa de Europa en 1965. A historia dos “hammers” está ligada ao RC Celta ao ser tamén un dos clubs gañadores da Copa Intertoto en 1999.

Cun modelo de xogo directo ao máis puro estilo británico, o conxunto dirixido por Julen Lopetegui medirase ante os de Claudio Giráldez na que será, a tan só 8 días, a antesala perfecta para o inicio da competición oficial. Unha cita que poderá seguirse en directo a través da canle de Youtube do RC Celta.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas