16-9 (13)
Novas primeiro equipo

O Wolverhampton, primeiro rival confirmado da pretemporada celeste

RC Celta

O RC Celta xa coñece ao seu primeiro rival confirmado da pretemporada 25/26, o Wolverhampton Wanderers Football Club, único club de Inglaterra que ten nas súas vitrinas todos os títulos oficiais do fútbol inglés. A tan só tres semanas do inicio da pretemporada, os celestes xa teñen marcado no calendario un partido de máximo nivel ante un dos históricos da Premier League, competición que conquistaron en tres ocasiones.

O amigable disputarase no Molineux Stadium o próximo 9 de agosto ás 16:00h española. Polo momento, os Wolves anunciaron que todos os seus abonados poderán conseguir unha entrada gratuíta para o encontro, e que máis adiante ofrecerán detalles sobre a venda xeral.

Cun sistema de xogo baseado nunha defensa organizada e transicións rápidas, o conxunto dirixido por Víctor Pereira medirase ante os de Claudio Giráldez na que será a antesala perfecta para o inicio da competición oficial. 

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas