okay.jpg
Primeiro Equipo

Okay comenzará a adestrar progresivamente co grupo a próxima semana

RC Celta

O xefe dos servizos médicos do RC Celta, Juan José García Cota, explicou este xoves na Toxa o estado do centrocampista Okay Yokuslu, de baixa desde o pasado 30 de maio por mor dunha rotura parcial do ligamento cruzado posterior do xeonllo dereito. “Cando se produciu a lesión estivemos en permanente contacto co servizo médico da selección turca e desde entón o xogador realizou un tratamento de rehabilitación porque é unha doenza que non leva intervención cirúrxica”, apuntou o médico celeste.

Á hora de pór unha data de regreso, García Cota destacou que o prognóstico de Okay “é bo”  e avanzou que a próxima semana comezará a adestrar progresivamente co grupo, aínda que matizou que aínda realizará sesións individuais. “Nun prazo dunhas dúas semanas podería estar completamente integrado co resto se todo vai ben”, concluíu o xefe dos servizos médicos do club.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas