Esta mañá Okay Yokuslu recibiu en A Madroa o premio ao Xogador Estrella Galicia do mes de febreiro. O centrocampista obtivo o 40% dos votos emitidos pola afección celtista a través das redes sociais do club, seguido de preto por Néstor Araujo cun 35% dos votos e de Wesley Hoedt cun 25%.
O futbolista turco do RC Celta, que recibiu o galardón de mans de Alejandro, xerente da rede de cafetarías RECA, mostrou a súa satisfacción ao recoller o seu segundo premio Estrela Galicia da tempada e agradeceu o apoio e os votos da afección. “É algo bonito para min nunha tempada difícil. Todos estamos a traballar duro para conseguir mellores resultados”, apuntou o mediocentro. Tamén estivo presenta a dirección provincial de Estrela Galicia.
Okay Yokuslu resaltou a importancia do partido do próximo sábado no Santiago Bernabéu. “É especial xogar alí e temos que ser máis agresivos que nunca para poder conseguir un bo resultado. É unha oportunidade moi boa para nós”, comentou.
O turco tamén asegurou que a partir desa agresividade sobre o terreo de xogo chegarán os goles e enxalzou a figura de Iago Aspas. “É un líder para nós e é un xogador que asume a responsabilidade sobre o terreo de xogo”, sinalou.