O lateral celeste Lucas Olaza retirouse do terreo de xogo no Sánchez Pizjuán tras un golpe na cara, que non levou problemas neurológicos, por mor dun mareo provocado pola calor e a deshidratación, factores que se sumaron a unha gastroenterite que sufriu nas últimas horas. O xogador solicitou regresar ao partido, pero o xefe dos servizos médicos do RC Celta, Juan José García Cota, decidiu que, por precaución, fora aos vestiarios.
Por outra banda, o central Néstor Araujo foi substituído no tramo final do encontro por unha sobrecarga nos isquiotibiais.