20230630_OrbelínPineda_3
Primeiro Equipo

O atacante Orbelín Pineda inicia unha nova etapa no AEK de Atenas

RC Celta

O RC Celta e o AEK de Atenas pecharon hoxe o traspaso ao conxunto grego do atacante mexicano Orbelín Pineda, quen xa disputou a última tempada no cadro heleno en condición de cedido. O dianteiro pecha desta maneira a súa etapa no equipo celeste, ao que se incorporou en xaneiro de 2022 tras finalizar o seu contrato con Cruz Azul.

O RC Celta quere desexarlle a Orbelín moito éxito nesta nova etapa deportivo e expresarlle o seu agradecemento polo seu comportamento exemplar, profesionalidade e entrega durante a súa estancia no cadro vigués.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas