Primeiro Equipo

Os canteiráns Samu e Pape Cheikh regresan da concentración do primeiro equipo

RC Celta

samupapeweb.jpg

Charles, sancionado en Liga, voltará a Vigo este venres tras o adestramento do equipo en Lezama

 

Samu, defensa do Celta B, e Pape Cheikh, centrocampista do Xuvenil A, regresan este xoves a Vigo tras permanecer concentrados co primeiro equipo en Bilbao. Os dous canteiráns formaron parte da convocatoria de Eduardo Berizzo para o encontro copeiro ante o Athletic, no que Samu foi titular no seu debut co primeiro equipo e Pape permaneceu no banco de suplentes.

 

Pola súa banda o dianteiro celeste Charles Dias volverá á cidade olívica este venres tras a última sesión do Celta en Lezama (11:00h). O atacante cumpre unha sanción de 1 partido por acumulación de cartóns, polo que non pode participar no choque ligueiro do sábado ante o RCD Espanyol (22h, Cornellà-O Prat).

 

O primeiro equipo desprazarase en avión desde Bilbao a Barcelona mañá pola tarde.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas