RETRO MINNIATURA
Primeiro Equipo

Os celestes caen, pero non se renden | Celta 0-3 Real Oviedo

RC Celta

O Celta non atopou premio en Abanca Balaídos nun partido que se torceu demasiado cedo, malia unha posta en escena con intención.

O equipo celeste saíu decidido, querendo levar o peso do xogo, pero o Real Oviedo golpeou na súa primeira chegada cun tanto de Alberto Reina. O Celta intentou rehacerse, movendo o balón e buscando espazos, pero antes do descanso Fede Viñas volveu castigar para ampliar a vantaxe visitante.

Tras o paso polos vestiarios, o Celta deu un paso adiante e tratou de meterse no partido con máis intensidade. Porén, a balanza volveu inclinarse do lado visitante e Viñas asinou o seu segundo gol, pechando un encontro no que os celestes nunca deixaron de insistir.

Día complicado, pero con marxe para reaccionar. O equipo xa pensa no esixente duelo ligueiro ante o FC Barcelona a domicilio e, antes, nunha cita clave en Balaídos: a volta dos cuartos europeos fronte ao SC Friburgo, onde buscará gozar dunha noite europea con sabor a remontada.

FICHA TÉCNICA:

0 – Celta: Radu; Núñez (Mingueza, min.60), Aidoo, Marcos; Rueda, Matías Vecino (Moriba, min.46), Fer López, Carreira; Andrés Antañón (Aspas, min.46), Williot (Jutglà, min.60) e Pablo Durán (Borja Iglesias, min.60).

3 – Real Oviedo: Aarón Escandell; Nacho Vidal, Bailly, Dani Calvo, Javi López; Thiago (Hassan, min.66), Sibo, Fonseca (Colombatto, min.73), Ilyas Chaira (Alhassane, min.83): Reina (David Costas, min.73) e Fede Viñas (Borbas, min.83).

Goles: 0-1 Reina, min.5; 0-2 Fede Viñas, min.45; 0-3 Fede Viñas, min.57

Árbitro: Miguel Ángel Ortizo (comité madrileño). Mostrou cartón amarelo a Fer López (min.56) por parte do Celta, e a Fonseca (min.69) e Alhassane (min.90) por parte do Oviedo.

Incidencias: Partido correspondente á Xornada 31 de LALIGA EA SPORTS disputado en Abanca Balaídos ante 20.360 espectadores.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas