A Selección Chilena clasificouse á final da Copa América Centenario tras derrotar por 0-2 a Colombia. Marcelo Díaz e Orellana viviron o encontro desde o banco, mentres que o centrocampista celeste Pablo ‘Tucu’ Hernández, titular, tivo que retirarse á media hora de xogo tras sufrir unha forte entrada. A falta de que os médicos chilenos realicen máis probas ao futbolista, todo indica que Tucu sofre unha escordadura no xeonllo esquerdo.
Chile medirase a Arxentina na final do torneo americano o vindeiro luns 27 de xuño en New Jersey ás 02:00 (hora peninsular).