Primeiro Equipo

Os internacionais do Celta regresan á Madroa

RC Celta

jonnyruben171116.JPG

 

Eduardo Berizzo por fin puido contar este xoves coa maioría dos seus xogadores unha vez a práctica totalidade de internacionais xa regresou á Madroa. Marcelo Díaz, Pablo Hernández, Orellana e Roncaglia adiantaron a súa volta ao traballo e incorporáronse esta mañá aos adestramentos xunto a Jonny, Rubén, Wass e Guidetti.

 

Este venres chegará Radoja, último internacional en reintegrarse na disciplina céltica. De todos eles, Orellana é o único que causará baixa este sábado ante o Eibar por unha escordadura que sufriu antes de concentrarse con Chile, lesión sobre a que falou en rolda de prensa o Dr. Cota.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas