Primeiro Equipo

Os postes e a eficacia do Eibar desarman ao Celta (0-2)

RC Celta

celtaeibar1617.jpg

 

Celta e Eibar demostraron unha eficacia antagónica. Mentres ao cadro armeiro bastoulle un puñado de achegamentos para perforar a portaría celeste dúas veces, ao Celta foille imposible anotar a pesar de asexar a área armeira durante practicamente todo o segundo tempo.

 

O equipo vasco, superior na primeira parte, foise ao descanso por diante no marcador grazas a un tanto de Kike. Tras a continuación as forzas pareceron nivelarse, pero foron de novo os de Mendilibar os que asestaron un golpe. No minuto 50 Pedro León bateu a Sergio cun disparo raso desde a frontal.

 

O Celta recuperou o balón e o Eibar se replegó. Os vigueses tentaron marcar por activa e por pasiva, pero o rival pechábase ben e os celestes non lograban finalizar as ofensivas con definición. Os postes tamén tiveron o seu protagonismo. Jozabed primeiro e Aspas na recta final do partido estrelaron o balón contra o traveseiro. Señé e Beauvue tamén tiveron o gol nas súas botas. Non era o día do Celta, que agora debe pensar no histórico partido de Europa League do próximo xoves ante o Genk (21:05, Balaídos).

 

FICHA TÉCNICA

0-CELTA: Sergio, Roncaglia, Sergi Gómez, Fontàs, Planas, Pape, Jozabed, Pablo Hdez. (Radoja, min.56), Señé (Iago Aspas, min.66), Sisto, Rossi (Beauvue, min.36).

 

2-EIBAR: Yoel, Capa, Gálvez, Ramis, Luna, Pedro León (Rubén Peña, min.71), Rivera, Dani García, Bebé (Adrián, min.75), Enrich y Kike García (Juncá, min.85).

 

Goles: Kike, min.13, 0-1; Pedro León, min.50, 0-2.

 

Árbitro: Munuera Montero, do comité andaluz. Amonestou a Jozabed (Celta); Sergi Enrich, Ramis (Eibar).

 

Campo: Balaídos (15.741 espectadores).

 

Observacións: Rossi retirouse lesionado (pendente de diagnóstico).

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Siguiente noticia

Noticias recomendadas