Os xogadores do primeiro equipo sometéronse este mércores a unha completa analítica na Clínica RC Celta en A Sede. Os resultados deste exhaustivo control permitirán aos servizos médicos do club avaliar o estado físico actual do plantel de face á última parte da tempada, que se presenta moi esixente.
As probas incluíron análises de sangue e ouriños, do mesmo xeito que nos exames médicos que se realizan a principios de tempada.
CLÍNICA RC CELTA
A Clínica RC Celta ofrece a mellor atención en fisioterapia e traumatoloxía, así como en outros servizos vinculados á medicina do deporte (cardioloxía, nutrición, rehabilitación personalizada…). Baixo a dirección do Dr. García Cota, xefe dos servizos médicos do RC Celta e médico da Selección Española, a Clínica RC Celta conta cos mellores profesionais do sector, entre eles os fisioterapeutas do club, para atender e solucionar coas máximas garantías calquera caso, tanto de deportistas como de calquera outro tipo de paciente.
Para acudir é necesario solicitar cita previa no teléfono 886.160.955, de luns a venres de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas.