Óscar Mingueza, xogador do RC Celta, foi convocado pola Real Federación Española de Fútbol para unirse á Selección Española.
Na lista, que se fixo pública esta mañá, o seleccionador español, Luís de la Fuente, incluíu ao defensa celeste para que se una ao combinado español para representar a España na fase de grupos da Nations League ante Serbia e Suíza. O futbolista fixo o seu debut coa selección absoluta en xuño de 2021, tamén baixo os mandos de Luís de la Fuente, nun partido ante Lituania.
Unha convocatoria que supón todo un recoñecemento para o rendemento que o xogador está a demostrar ao longo da súa traxectoria deportiva e, sobre todo, no inicio desta tempada na que xa anotou 2 goles e dado 2 asistencias co conxunto celeste.
Parabéns, Óscar!