Primeiro Equipo

Oubiña apura a súa recuperación na cámara hiperbárica de CIVI

RC Celta

borja_camara_hiperbarica_221214.jpg

O medio centro celeste segue utilizando a máis moderna tecnoloxía na súa posta a punto

 

O centrocampista celeste Borja Oubiña continúa apurando a súa recuperación co tesón e a perseveranza que lle caracterizan e a máis moderna tecnoloxía existente. O céltico está realizando na actualidade sesións nunha cámara hiperbárica pertencente a CIVI, centro médico situado en O Castro, que acelera de xeito notable os tempos de recuperación. CIVI, Centro Hiperbárico de Vigo, dispón da maior cámara hiperbárica privada de España, ademais da resonancia aberta con maior resolución das existentes na cidade olívica.

 

A mecánica das terapias desta cámara hiperbárica que está utilizando o medio centro celeste baséase no principio médico que recoñece ao osíxeno como un elemento fundamental para a cicatrización das feridas e fracturas. As lesións traumáticas características do deportista producen danos nos tecidosn, impedindo o fluxo normal de osíxeno na zona lesionada. Á súa vez, as áreas inchadas producen células que necesitan un alto nivel de osíxeno. Polo tanto, os tecidos que se atopan lesionados demandan unha gran cantidade de osíxeno no momento menos indicado para obtelo.

 

Unha forma efectiva de aumentar sensiblemente o contido de osíxeno no sangue é disolver grandes cantidades do mesmo no plasma. Co corpo sometido a unha presión atmosférica maior do nivel normal, a cantidade de osíxeno disolto no plasma increméntase ata 23 veces, permitindo que os tecidos danados obteñan a cantidade adecuada e sanen rápidamente.

 

Ademais, a presión elevada de osíxeno reduce o fluxo sanguíneo nun 20 por cento, diminuíndo a presión sanguínea nos capilares e en consecuencia a inflamación. Igualmente a maior concentración de osíxeno axuda á eliminación do ácido láctico e con iso a fatíga.

 

A cámara hiperbárica, con 14 prazas, acelera a recuperación en lesións de músculo-esqueleto e propicia unha mellor consolidación das mesmas, sendo usuarios actualmente algunhas mutuas laborais relevantes.

 

CIVI dispón ademais da resonancia non claustrofóbica de maior resolución de Vigo. Esta resonancia magnética ten a particularidade de ser aceptada polos pacientes claustrofóbicos e nenos, sen necesidade de sedación. Ata para pacientes obesos que non se poden realizar o estudo nas resonancias convencionais. No ámbito deportivo, nalgúns tipos de lesión resulta máis cómoda para o paciente e ata para o estudo debido á posibilidade dun mellor posicionamento.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas