
Pablo Durán recibiu esta fin de semana o premio a Mellor Deportista Masculino Absoluto de Tomiño en 2025 na IX Gala do Deporte do municipio celebrada no Auditorio de Goián. O dianteiro celeste foi homenaxeado onde comezou todo, no seu pobo natal, tras unha tempada na que se consolidou na elite do fútbol español. Un recoñecemento moi especial que pon en valor o seu crecemento profesional e convérteno en todo un referente deportivo para Tomiño.
O acto reuniu a diferentes deportistas, clubs e familias da localidade, nunha gala que resaltou o traballo e o esforzo do deporte local. Un contexto no que este premio, simboliza o orgullo dun pobo que ve como un dos seus segue crecendo sen esquecer de onde vén.
Desde o Celta celebramos e felicitamos a Pablo Durán por este recoñecemento e por ser un xogador que encarna á perfección os valores de traballo, humildade e sentimento de pertenza levando, por suposto, as súas raíces por bandeira.
Parabéns, Pablo!
