20250703_Entrenamiento_JaviRueda-2
Novas primeiro equipo

Parte médico de Carl Starfelt e Javi Rueda

RC Celta

Carl Starfelt recibe a alta médica despois de seguir co seu proceso de recuperación durante o período vacacional. Actualmente é asintomático e as probas médicas confirman total cicatrización da lesión. Nesta volta ao traballo do RC Celta, xa reiniciou actividade normal co grupo.

Pola súa banda, Javi Rueda presenta unha rotura fibrilar no seu recto anterior dereito tras lesionarse o pasado mes de maio nunha sesión de adestramentos co Albacete CF. Actualmente atópase na última fase de recuperación pero mantén adestramento individual, pendente de realizar un control de imaxe. Espérase que reciba o alta durante a próxima semana.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas