
Iago Aspas sufriu unha molestia na perna durante o encontro do pasado domingo ante o Málaga CF en Abanca Balaídos. Tras ser sometido a unha resonancia magnética no Hospital Ribera Povisa de Vigo, as probas confirmaron unha rotura de grao I no recto anterior da coxa esquerda.
O xogador xa iniciou o correspondente tratamento de recuperación baixo a supervisión dos servizos médicos.
O período estimado de baixa sitúase arredor de catro semanas.