
Pablo Durán sofre unha lesión ligamentosa no seu ombreiro esquerdo, segundo revela a resonancia magnética que se lle practicou este martes no Hospital Ribera Povisa. O dianteiro celeste sufriu unha dor brusca durante o partido ante o Real Madrid, correspondente á xornada 15 de Laliga EA Sports, polo que tivo que ser substituído ao descanso.
Agora, Pablo seguirá un tratamento de fisioterapia e estímase que estará de baixa en torno a 3 semanas.