Despois da lesión sufrida no nocello esquerdo coa súa selección nacional, Suecia sub-21, o xogador do Celta, Williot Swedberg, foi sometido no día de onte a unha resonancia magnética no Hospital Ribeira Povisa de Vigo, confirmando o diagnostico de escordadura lateral en nocello esquerdo. Valorarase evolución estes primeiros días para definir período de baixa.