Primeiro Equipo

Pisa, Pescara, Milan e Sassuolo, próximos rivais do Celta na súa xira por Italia

RC Celta

xiraitaliana2016

 

O Celta continúa a súa posta a punto en Italia tras debutar o pasado domingo na súa xira transalpina con vitoria ante a Fiorentina. Os celestes, concentrados até agora en Florencia, trasladaranse a Pisa este mércores tras o adestramento matinal para medirse ao club local, a AC Pisa 1909, ás 21:00 no Stadio Area Garibaldi-Romeo Anconetani.

 

O equipo desprazarase da cidade toscana a Pescara o venres 5 para, ao día seguinte, enfrontarse ao Pescara Calcio da Serie Á as 20:30 no Stadio Giovanni Cornacchia. Os vigueses exercitaranse en Pescara até o martes 9, día no que viaxarán a Reggio Emilia para afrontar o seu último compromiso en Italia, o triangular Trofeo Tim 2016 ante AC Milan e US Sassuolo.

 

Tras quince edicións do torneo, nas que habitualmente participaron AC Milan, Inter Milan e Juventus, o Celta converterase este ano no primeiro club estranxeiro en disputalo. O Trofeo Tim 2016 celebrarase o 10 de agosto ás 20:45 no Mapei Stadium. A duración de cada partido do triangular será de 45 minutos e, en caso de empate, realizarase unha quenda de penaltis.

 

PARTIDOS EN ITALIA

31/07 | Fiorentina-Celta

0-1

 

03/08 | Pisa-Celta

21:00, Arena Garibaldi-Romeo Anconetani

 

06/08 | Pescara-Celta

20:30, Stadio Giovanni Cornacchia

 

10/08 | Triangular Milan-Sassuolo-Celta

20:45, Mapei Stadium

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas