O lateral zurdo incorporarase mañá aos adestramentos do primeiro equipo na Madroa
Vídeo da presentación: http://t.co/TAYOidCW89
Esta mañá tivo lugar a presentación en Balaídos de Carles Planas, novo defensor celeste. O futbolista catalán estivo acompañado por Antonio Rosendo, conselleiro do RC Celta, e Miguel Torrecilla, director deportivo do club. Tras a benvida institucional do conselleiro, Torrecilla ofreceu un breve perfil do lateral zurdo: “vocación ofensiva, boa saída do balón e polivalencia có posto de central. A chegada de Carles Planas supón pechar a liña defensiva”.
“A opción do Celta era moi atractiva para min, sobre todo polo modelo e estilo de xogo que están demostrando nos últimos anos”, asegurou Planas. O zagueiro desvelou que os xogadores celestes que xa coñece “están moi contentos. Faláronme moi ben do club, dos compañeiros, do adestrador…”.
O novo futbolista céltico, quen considera que pode “aportar proxección ofensiva e seriedade a nivel defensivo”, afronta a súa chegada ao Celta “como un novo reto, con ilusión e gañas de facer cousas grandes”.