As ecografías realizadas aos xogadores Rubén Blanco e Tucu Hernández confirmaron que as lesións de ambos os xogadores son leves e non suporán un tempo de baixa prolongado.
O porteiro galego sofre unha rotura fibrilar de grao I no bíceps femoral dereito, doenza para a que os servizos médicos preveen unha semana de recuperación. Aínda máis curto será o tempo que necesite o internacional chileno Tucu Hernández para recuperarse dunha elongación no adductor medio da perna esquerda: apenas tres días.