20240201_TadeoAllende
Novas primeiro equipo

Tadeo Allende: «Veño con ganas a dar o 100% para saír da situación na que estamos»

RC Celta

Tadeo Allende, novo atacante do RC Celta, presentouse a tarde do xoves 1 de febreiro ante os medios.

A rolda de prensa da terceira fichaxe deste mercado invernal comezou cunha intervención da conselleira Xisela Aranda, quen destacou que «a sorte de Tadeo será a nosa» e quixo agradecer de forma persoal a chegada do arxentino desexándolle «éxitos que oxalá se traduzan en bos partidos e nunha boa relación cos teus compañeiros».

Tomou a palabra a continuación o director de fútbol, Marco Garcés, quen quixo resaltar que «desde a parte deportiva é un pracer contar con Tadeo Allende. É un xogador que pode xogar nas tres demarcacións de arriba e creo que nos pode achegar moito».

Por último, Tadeo asegurou que está «moi contento por esta oportunidade. É moi importante para min, para a miña carreira e para a miña familia tamén. Cando me chamaron do club nin o dubide». Ademais, o novo 9 reafirmou que vén «con todas as ganas a dar o 100% para poder loitar e saír da situación na que estamos».

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas