O primeiro equipo do RC Celta realizará unha parte da preparación para a ilusionante tempada 2024/25 en Inglaterra.
Do mércores 31 de xullo ao sábado 3 de agosto, o conxunto dirixido por Claudio Giráldez concentrarase nun complexo inglés dotado cunhas instalacións da mellor calidade para a maior comodidade do conxunto celeste e nas que traballarán para poñerse a punto tanto no aspecto técnico como táctico.
Este stage constitúe o segundo tramo da preparación estival para a nova tempada, tras comezar a traballar o pasado día 5 de xullo nas instalacións da Cidade Deportiva Afouteza e disputar xa varios encontros fronte ao Benfica, Vizela, Sporting e Gil Vicente.
Antes de iniciar a súa estancia en terras inglesas, o primeiro equipo do RC Celta fará parada en Francia para disputar o seu primeiro partido fóra da península ibérica da pretemporada. Os celestes mediranse ao Lille OSC, o 30 de xullo ás 19:00 horas, no Estadio de Hainaut.
Unha vez finalizado o partido, o equipo viaxará a Inglaterra para continuar a súa preparación nas instalacións de Kenilworth Road (Luton), onde permanecerá ata que se xogue o amigable contra o Luton Town FC, datado para o vindeiro sábado 3 de agosto ás 16:00 hora peninsular.
Este tramo de pretemporada promete estar cargado de traballo, intensidade, bo ambiente e concentración. A por todas!