Joseph Aidoo concede a súa primeira entrevista a CeltaMedia tras afrontar un longo período de recuperación. O pasado mes de outubro, o centrocampista ganés sufría, no seu primeiro compromiso co combinado de Ghana, a rotura do tendón de Aquiles da súa perna esquerda. Nove meses despois e completamente recuperado, o xogador se sincera como nunca antes facendo un repaso á súa lesión, ao intenso traballo para recuperarse e ao seu futuro no RC Celta. Unha emotiva entrevista na que Pepiño quixo agradecer o apoio de todas as persoas que permaneceron ao seu lado nos momentos difíciles.