Pione Sisto xa é xogador do Celta. O novo futbolista celeste incorporouse esta tarde aos adestramentos do Celta en Florencia tras completar a súa fichaxe polo club vigués até 2021. O atacante chega nun bo estado de forma xa que o seu anterior equipo, o Midtjylland, arrincara a tempada oficial. Nos primeiros partidos da nova campaña Pione Sisto acumulaba dúas tantos nas roldas clasificatorias da Europa League e dúas noutras tantas xornadas da liga danesa.
Compañeiro de Daniel Wass na Selección Danesa, Pione Sisto xa coñece ao resto do persoal celeste e comeza a súa adaptación ao vestiario de Eduardo Berizzo. O dianteiro será presentado ante a afección unha vez o Celta finalice a xira de partidos en Italia e regrese a Vigo.